2ª feira de economía social
Edición Virtual
A Confederación Empresarial de Ourense organiza o vindeiro 30 de outubro do 2020 a 2ª feira de economía social, que neste caso realizarase en formato virtual.
Neste evento online, as entidades de economía social e persoas emprendedoras terán a posibilidade de amosar os seus produtos e servizos. Así mesmo, a particularidade deste evento online atopase en que os clientes potenciais disporán de información sobre as entidades participantes e os seus produtos e servizos de antemán, posto que a través da sección de expositores, poderán acceder a unha ficha informativa sobre o proxecto ou entidade xa constituída e a vosa historia, catálogos de produtos e servizos e incluso un vídeo para coñecelos de antemán.
As entidades expositoras contarán con asesoramento en todo momento para axudarlles antes e durante o propio evento, así coma unha formación que lles permita adquirir nova competencias na venda online de produtos e servizos:
Este evento ten a finalidade de:
Anótate e asiste á presentación e exposición dos proxectos participantes
Data límite de inscrición: 28/outubro/2020
Axenda a túa reunión coa entidade que desexes coñecer en detalle
Data límite de inscrición: 28/outubro/2020
Para mas información:
T. 687 33 37 09