
15 Set A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a “FEIRA VIRTUAL DE ECONOMÍA SOCIAL”.
9 de setembro do 2020
A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a “FEIRA VIRTUAL DE ECONOMÍA SOCIAL”.
A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a “FEIRA VIRTUAL DE ECONOMÍA SOCIAL“.
Esta feira levarase a cabo este ano de maneira virtual o venres 30 de outubro de 2020.
Neste evento, as entidades de economía social e emprendedores que desexen participar terán a posibilidade de amosar os seus produtos e/ou servizos.
Así mesmo, cada entidade expositora contará con asesoramento especializado para axudarlles antes e durante o propio evento.
A participación está aberta a todo tipo de entidades de economía social e proxectos emprendedores relacionados coa economía social.
Fuente: eusumo.gal
Enlace: http://eusumo.gal/confederacion-empresarial-de-ourense-organiza-feira-virtual-de-economia-social
Para inscribirse é preciso cubrir o formulario de inscrición e de candidatura que poderás atopar na seguinte ligazón:
http://bit.ly/feiraenliñadocooperativismo2020
Tamén poderás inscribirte ou facer calquera consulta a través do 610 17 43 88.